La Nueva España » Cartas de los lectores » Galego de Asturias

Galego de Asturias

28 de Diciembre del 2022 - Pablo Trabadelo Vilabrille (A Veiga)

Pido a palabra nesta tribuna en condición de, primeiro, falante; após, escritor; finalmente, case filólogo. Esta tarde a asociación Axuntar presentou o seu Informe sobre a lingua del Eo-Navia. Sen fronteiras: galego de Asturias na casa de cultura da Veiga. En dito informe expoin a argumentación científica que soporta a tese da filiación galego-portuguesa da lingua vernácula deste territorio, é decir, da evolución particular que o latín tuvo nesta área e que, polo que fose (porque o río Navia era malo de cruzar, porque deste lado a vida xiraba máis en torno ós centros de poder de Castropol, Mondoñedo ou Vilanova de Oscos, dúas de entre o amplísimo conglomerado de causas que puideron mediatizar este cambio lingüístico), fixo confluir aquí un número suficiente de isoglosas (liñas que representan rasgos lingüísticos nun mapa) como pra establecer a fronteira entre dous troncos: o astur-leonés e o galego-portugués. Hasta aquí, nada novo. É necesario, sen embargo, como se puxo hoxe de manifesto, recordar que as decisiois que se tomen neste ámbito, coma en todos, han de nacer do consenso científico, ou do debate (que deberá ser un consenso en ciernes). Porque vívese unha guerra ideolóxica neste campo, que ademáis de ideolóxica é estúpida (frecuente asociación, fixádevos). Por mencionar solo un par de asuntos que saíron: o glotónimo "eonaviego", de moda no ano que case acaba, que poderes políticos e academia defenden en contra do máis acertado (científicamente) "galego de Asturias"; e a norma ortográfica, que casualmente virou das iniciais propostas da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da cultura da comarca (MDGA) a unha ocultación ostentosa da filiación galaica desto que falamos, sí, xentes pertenecentes administrativamente a Asturias. Porque, e aquí vén o asunto que realmente me levou a poñerme no teclado, unha das raíces máis fondas desta problemática, e de tantísimas, é que tomámonos demasiado en serio o tema da identidá. Reivindico unha deslexitimación de dito concepto, en tanto en canto ser asturiano ou galego ou español non pasa de ser unha casualidá que acarrea outras casualidades, como falar un determinado xeolecto, subir á neve á Garganta ou canturrear o "Europe's livin' a celebration!". Casualidades que, por sí mesmas, non me achegan a outra persoa. [Aquí puidera vir unha cita do filme "Martín (Hache)" que me conecta mogollón cun guionista arxentino...] Quero decir que son, somos, por casualidá, administrativamente asturianos, e falo, falamos, por casualidá, galego. Tal vez dende este punto de partida seña posible que se decida e lexisle con menos emoción e máis razón.

Cartas

Número de cartas: 46787

Número de cartas en Diciembre: 254

Tribunas

Número de tribunas: 2105

Número de tribunas en Diciembre: 3

Condiciones
Enviar carta por internet

Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.

» Formulario de envío.

Enviar carta por correo convencional

Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:

Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo
Buscador