La Nueva España » Cartas de los lectores » Carta a Melchor, Gaspar i Baltasar

Carta a Melchor, Gaspar i Baltasar

4 de Enero del 2011 - Enrique González Alvarez (Quique de Roxíos) (Roxíos (Boal))

Queridos Melchor, Gaspar i Baltasar

Teño que decirvos que llevo portandome ben dende que nacin. Non quero decir que nunca cometese ningún dos pecados capitales. Nun sei, pero eu penso que ninguén pode llibrarse dalgún momentin de fraqueza. ¡Fraqueza! ¿Nun será tamén esto un pecado del mesmo xeito que a luxuria, a gula, a avaricia, a pereza, a ira, a envidia ou a soberbia?

Condo eu tía sete anos chegaron a Escola de Prelo úas nenas mui guapas que lles decían A Sección Femenina Con ellas fixemos deporte i recordo muito el día que veron familiares i vecios i había muitas tartas i pratos cocinados que eu nun sei quen fixera.

Aquella nena díxome-¿Qué es tixella? I claro, a min chocábame abondo que non lo soubera i nun me quedou outro remedio que explicarlle el asunto. Condo llo expliquei díxome que a tixella nun era tixella, que eu tía que decir sarten i nun sei que cousas me explicou del idioma castellano, del imperio español i de Cervantes eu creo que nese momento sentín luxuria (era guapa, hai que reconocello) i fraqueza porque non souben que decir i pensei que mui tonto debía ser eu. Vamos que me sentín como un farrapo.

Al outro día na clase explicáronnos un montón de cousas dun sito de Navarra que se chama Tudela i sobre os problemas de tráfico dese sito. Nun se me esqueice úa foto del llibro cun guardia urbano coel sou casco, botas i guantes brancos. Aquel día a eso das 11 pasou el roncón que era un autobús vello que nos gustaba mirar condo daba a curva de raciou. Condo mía irmá máis eu volvíamos andando á casa eu cortaba folgueiras con un palo mentras pensaba -Que ruín é ese oficio de guardia urbano-.

Reconozo que aquel día condo a maestra explicou todas esas cousas eu sentin envidia en Roxíos nun había semáforos nin pasos de cebra.

Pasaron us cuantos anos i condo tariamos en séptimo ou octavo al instituto de Boal chegou un maestro que nun callaba con eso de que falásemos castellano nel recreo. Acordome que nos deu por ferlle caso i condo xogaba al marro i lle espricaba a úa nena de Rozadas: Yo te he tocado, no puedes hacer como si no hubiera pasado nada(castellaneando sin parar). A nena miroume enfadada i coel focico rebixido díxome - Ala. ¡Xa bastou! ¡¡¡Fala ben!!!- Quedeime parado, naceu por un momento úa sensación, eu nun creo que chegase a ser soberbia sentín un pouco de orgullo al verme desobedecendo i al puerme outra vez a falar ben, nel meu idioma. Pos sí. A tixella era tixella, seguía séndolo i nunca deixara nin deixará de sello.

Xa vedes conto pecado. Teño que decir nel meu descargo que el sistema escolar nun se adaptaba al medio Eu nun sei porque naquella exposición de llambionadas nun había cereixolos, nin rosquillas, nin arroz con lleite, nin flanín.. i había ¿puding? ¡Ah! i os guisos.. tampouco había bacalao nin caldo de rabizas pero puxeron ¿Gratan Dauphinat?. Seguro que na Falange nun sabían que el nome dese prato pertenece a un idioma que chaman el ocitano. Nun me negareis que tía motivos pra enfuruñarme de ira. Lo que era na mía casa había caldo de rabizas todos os días i sigue sin haber ningún outro millor caldo que ese.

El caso é que lo que eu quero pedirvos nun creo que sía muito invonvencia pra vosoutros. Como dice a nena del anuncio da televisión sodes Tres i sodes Magos.

Lo que vos quero pedir é que mandedes un llibro a todas i cada úa das bibliotecas que hai nas terras da comarca Navia- Eo i tamén a todas i cada úa das escolas.

El llibro titúlase A Princesa de Taramundi É un llibro de poesías pra nenos i nenas, i nel sou favor teño que decir varias cousas.

Primeiro que ta escrito por Xoán Babarro González. (Ediciois embora). Segundo que trátase del Premio Arume de Poesía 2009. Terceiro que xa van cinco ediciois. Cuarto que nas poesías a Princesa dice palabras guapas como barruzo, cerzo, anoitecerín, aixadois i gorgoleiro. Quinto que as poesías falan de Panondres, de Penouta, de Baraio, de Porcía, de Suarón, de Navia, de Prelo, i de Castrillón. Sexto, nun hai guardias urbanos pero si que se fala de magostos, de antroiros, das campás de Magadán, del ferreiro de Valín, del molín que nun mole, das ondas redondas escuras e fondas, dos contios de avola, i del perfume dos montes de Carrugueiro.

Nun lo pido por mín, pídolo por os maestros (hai que axudarlles) i pídolo por os nenos i nenas destas terras asturianas de fala gallega. É importante eseñar a querer i cuidar a nosa fala, sentirse orgulloso della, defendella sin ira nin soberbia pero sin fraqueza, pois preservar el noso modo de expresarnos é a única garantía de que esos nenos i nenas nunca deixarán de ser da nosa terra i nunca deixarán de fer por ella.

Fédeme este favor, queridos Magos de Oriente.

Cartas

Número de cartas: 45910

Número de cartas en Septiembre: 14

Tribunas

Número de tribunas: 2079

Número de tribunas en Septiembre: 1

Condiciones
Enviar carta por internet

Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.

» Formulario de envío.

Enviar carta por correo convencional

Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:

Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo
Buscador