La Nueva España » Cartas de los lectores » Carta al director regional de Política Lingüística, Antón García.

Carta al director regional de Política Lingüística, Antón García.

3 de Mayo del 2024 - Enrique González Álvarez (Boal)

El director rexional de Acción Cultural e ¿Normalización Lingüística? del Principado, Antón García, explica núas declaraciois a Europa Press publicadas el 30 de abril por qué as instituciois lingüísticas incumplen a xerarquía normativa así como a lei 1/1998 de Uso del Bable/Asturiano. Lamentablemente véselle e véselles el plumeiro: que non hai un respecto por el gallego que falamos en Asturias. Inda que pareza mentira hai negacionismo desde el poder público.

Eso de que os del Goberno del Principado viron que a xente del Eo-Navia empezaba a usar "motu proprio" el termo "eonaviego" é un engañabobos pra xustificar e invisibilizarlle á población e a todos/as os asturianos/as a filiación lingüística dun dos idiomas del territorio asturiano e fer, con ese idioma e coa súa normativa, lo que lles dea a gana: vulgarizar, xebrar, dialectalizar, destruir, extinguir, desprezar, ningunear... todo lo contrario a normalizar.

A ALLA considerou nun "informe" que eonaviego xeneraba consenso... -dice Anton García, referíndose a un estudio feito "ad hoc", con resultados preestablecidos, sen rigor ningún-, un estudio con resultados decididos de antemao... pero a evidencia é que naide dixo nunca que falaba "eonaviego".

-Eu nunca tal ouguín! -dicen as xentes.

Eso é un constructo dos xestores desos pseudoinformes mencionados pra os que, todo apunta, en Asturias lingua propia, propia de verdá, e patrimonio colectivo que é de Asturias, solo hai úa: el bable/asturiano (se afirma tamén nun dos últimos decretos aprobados pola Consellería de Cultura). Si lo dice el Goberno, será así. Díxolle Bras, punto redondo.

Pero os lexisladores asturianos, os periodistas, algús colectivos de reivindicación lingüística tamén viron e son conscientes doutra cousa... A realidá dun proceso de modelación da opinión colectiva na busca de saltar por encima da lei aprobada pola Xunta Xeneral del Principado, incluso de lo que poda decir el Estatuto, a Carta Europea das Linguas Rexionales ou Minoritarias, a ciencia lingüística ou el sentido común.

Queren negar e ocultar que en Asturias hai dúas linguas propias, reafirmarse no que lles importa aos representantes del negacionismo científico, xente con nome e apellidos que tán ou queren tar por encima das leis e dos principios da democracia.

Pero el Goberno de Asturias é el Goberno de tod@s os asturian@s e non ta por encima das leis. É tempo de comportarse con xeito e ser honestos, escuitar a todo el mundo, respetar esa democracia que se dice que hai que salvaguardar. É lo menos que se lle pode pedir al director xeneral de Acción Cultural e Política Lingüística, Antón García, e aos nosos gobernantes.

Cartas

Número de cartas: 45461

Número de cartas en Junio: 87

Tribunas

Número de tribunas: 2063

Número de tribunas en Junio: 6

Condiciones
Enviar carta por internet

Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.

» Formulario de envío.

Enviar carta por correo convencional

Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:

Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo
Buscador