Terra de coscos y limacos
Hoi por a mañá taba a mía muyer cortándome as gadeyas y díxome: "Tas arralando por delantre".
Eu quedéime barruntando y acordéime que vou ter que poñer na testa un caldo d'herbas d'abrótano macho que nos daban de pequenos, y ademáis, si tragabas un pouco, nun che pasaba miga pos era mui bon pras lombrigas, que d'esas tíamos abondas, y tamén penso que nun son eu solo'l qu'arrala, sinón todos os peteiros de xente.
Condo vou al meu pueblo, vexo pouca xente, y nun é que vexa pior, que tamén é que nun hai naide, foise todo quisque, escorrentárolos a todos y nun ves máis que casas y portas pechadas.
Antias, condo fías a sementeira del méiz, si nun ch'arralaban dafeito os corvos ou'l xabaril, al pouco tempo tías que sachalo y pasado un mes tías qu'arrendalo.
Fía falta tamén que nos arrendaran a nosoutros un pouquinín y nos poñeran unha pizca de terra por as veiras pa medrar, agora ben penso, que terra vamos ter ben abonda condo pechemos os oyos d'unha vez.
Eu, de pequeno, tía un amigo que ye deu por comer terra, sempre taba fañado, y si a terra tía binocas, muito meyor. Daquela tíamos terra asgaya donde escoyer, tamén binocas a ambozadas y coscos y limacos a caldeiraos. Decíaye eu que nun comese máis terra que si non iban salirye reices nos pes y tía que quedarse nel pueblo.
Tamén conocín a outro que quería "asfaltar" os eiros, nun era miga trabayador. Nun ye gustaba a terra. Ten qu'haber de todo.
Eu, ademáis d'arralar na testa, tamén tou repisando, pro eso pásanos a todos y todas menos os largueiruchos, que repisan torcidos por a mitá.
Algún y algúa nun repisan nin sequera unha faraguya, eu nun sei cómo fain ou repisan de veyos todo dafeito inda que foran veyoucos.
Vou poñervos unha foto da casa unde eu nacín, que xa repisóu fai muitos anos, tá cayendo y na veira os meus dous netos oyando pra éla.
Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.
Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:
Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo