La Nueva España » Cartas de los lectores » A nacencia dos animalíos

A nacencia dos animalíos

2 de Enero del 2025 - Fernando Vijande Fernández (Castropol)

Era un venres d'inverno condo meu pai tuvo na corte toda a noite sin ser diputao nin valido del rei. A noitía púxose a parir a Reina, unha vaca ratina das cuatro que tíamos, y a Reina nun acougaba, todo era deitarse y erguerse de dolorenta que taba col parto.

Mia tía Rosario, que taba solteira y quedóu pra vestir santos, púxoye unha vela a San Antonio qu'é patrón de todos os animalíos, y rezamos el rosario con todos os sous misterios dolorosos.

Este ano a Reina nun quedóu preñada d'inseminación y tuvemos que levala al toro de José Benito de San Juan.

Tíamos medo que nun podera parir el xatín, porque el toro de puesto era mui grandón, pro aló al amaicer, en vez de salir un xato lo mesmo qu'el Michelin con rodas, votóu as duas vexigas y nun plis plas paríu un xatín móuro, largueirón y na nosa casa medróu a familia.

Pr'atender a Reina veu Basilio del Redondo, qu'era un vecín noso que sabía muito das vacas parideiras, pro d'esta vez nun lo precisamos, nun ye deu tempo a meter a mao.

A min de pequeno tamén prestábame muito ver parir as conexas, sempre tían muitos conexíos, lo mesmo unha docena, y vían sin pelo y cos oyos pechados, pro a os poucos días xa taban correndo d'un lao pal outro.

Condo a oveya da casa (tíamos unha na máis) poñíase a parir, os oveyíos erguíanse de sopetón y poñíanse a mamar movendo el rabín de lo que yes prestaba. Nosóutros temos que tar lo menos nove meses pra erguernos y dicen que somos máis estudiaos.

Outra cousa que tamén me prestaba era condo a pita pinta poñíase choca y taba tres semanas enriba dos ovos día y noite sin erguerse máis qu'un bocadín pra picar unhos graníos de méiz y un pouco de pan valorento.

Tamén condo os pitíos picaban el ovo pra salir axudábayes eu a quitar a casca coas maos, menos os que taban podres porque nun foran galiados y nun picaban a casca.

Na nosa casa tamén tíamos unha penina qu'era muito máis axeitada pra chocar, non por a cantidad d'ovos, que ye poñíamos poucos, sinon porque as peninas cuidábanlos muito máis y ni Dios yos podía tocar. Eu tía unha mestra que ye chamaban A Penina porque era pequenía y naquel tempo muita xente as muyeres pequenías chamábanyes peninas (agora chámanyes cousas piores, y si ademáis solo fora eso, é qu'hoi hai algún home que tá mui tolo da testa) y este nome da penina nun era solo por a mala "leche" que tían, por nun dicir outra cousa (un pecado), inda qu'esta mestra tamén la tía y xa sabedes aquelo que cho decían en castelán pra que nun se nos esqueicera: "La letra con sangre entra" y dou fe qu'era verdá, pos levéin máis d'unha vez algúa cobachada nel pescozo y nas oreyas féindome sangrar. Entróu a letra na testa y salíu el sangre.

Agora a os nenos nun se yes pega miga, inda qu'algúa das veces condo tan berrando, argayando y nun paran danme unhas ganas de feir como o que decía aquela poesía de don Juan Tenorio: "¡Cuán gritan esos malditos! / Pero mal rayo me parta / Si en concluyendo esta carta / No pagan caros sus gritos".

Despós quédase todo en nada, nin sequera unha faraguya, quédaste oyando pra élos, dices tú: probíos, nun yes digo miga, con lo tolo que tá el mundo y lo que terán que pasar, xa yes chegará a élos y entoncias, fóiseche el cabreo, si nun estudian abondo levámoslos al sicólogo pra que los enderecen, dámosyes un chucho y veinte pesos (perdón veinte euros ) y xa tá todo feito.

Eu creo que tou volvéndome un pouco froxo, aunque solo sexa unha pizca, y tamén é verdá que tou menguando un pouco na testa, ou tamén poden ser os anos qu'ún leva enriba das costas y xa che teño un bon feixe.

Vóuvos poñer unha foto de unhos oveyíos del meu pueblo de Vilavedeye, un branco y outro mouro, fiyos da misma mai y del mismo pai y a élos dayes lo mesmo el color del sou peleyo y nosoutros debíamos fer outro tanto.

Espero que pra este ano que ven sexa lo meyor pra todos vosoutros y cos Reis vos traigan todo o que pedides.

Un abrazo pra todos y todas y penso seguir dándovos a lata en castelán y en fala, qu'a min préstame muito.

Cartas

Número de cartas: 49379

Número de cartas en Febrero: 128

Tribunas

Número de tribunas: 2192

Número de tribunas en Febrero: 5

Condiciones
Enviar carta por internet

Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.

» Formulario de envío.

Enviar carta por correo convencional

Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:

Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo
Buscador