Clara del Carabiyón (A Carabiyoa)
A mía vecía Clara vivía con el sou home Juan nunha casa al lado da fonte.
Clara del Carabiyón (Clarita de pequena) nun falóu nin dixo nada hasta que fixo os seis anos. Un día que taba chovendo, baxóu a cocía almorzar y dixo éla :
"Penso que hai unha abeluga".
"Coñó", dixo sou padre. "Esta nena fala".
"Cóime", dixo sua madre, "aprendiche a falar. ¿Y por qué nun falabas?".
"Nun tía nada que dicir", dixo éla. "Ademáis, tuven xuntando as palabras tod'a noite".
"Meca, entoncias terás un feixe", díxoye sou pai. "Espero que nun las esqueizas".
Clarita, a partir dos seis anos, nun calóu nin sequera pra comer, xuntóu tantas palabras que las dicía de dúas en dúas y así seguío hasta que se fixo veya.
Na escola a mestra, pra que calase, tía que castigala de rodiyas y mirando pra unha parede, pro nin con esas, éla seguía daye que daye a lingua.
Juan de Pericón (Juanín de pequeno) falaba muy pouco, era un home de poucas palabras. Si ye preguntaban algúa cousa, esperaba un cacho pra contestar, como si tuvera revolvendo nélas y salíaye da boca un sí ou un non, seguido de: "Y esto é todo o que teño que dicir".
A Juan (Juanín) gustábanye as mozas que falaban muito y condo sóupo cómo era Clara, despóis de pensalo un cachín, dixo él: "Esta moza é pra min".
Condo Juan se decidió cortexar a Clara, esta xa se namorara d'él, xa escoyera el traxe pral casamento y nun paraba de falar.
El día que Juan casóu con Clara, esta nun calóu nin na misa y condo el cura ye preguntóu si quería a Juan díxoye que sí dúas ou tres veces seguidas.
Condo el cura ye preguntóu a Juan sí quería a Clara, este atrapazóuse y foi Clara a que contestóu:
"¿Tú qué dices, Juan?".
"Quei dicir, nía, quei dicir".
"Diz que sí", dixo Clara.
Clara, como falaba muito, preguntábaye a Juan:
"¿Tú nun falas, Juan?".
"Quei falar, nía, quei falar".
"Demo de home, que póuco falangueiro eres. Parece que che comeo a lingua un cocho. Pos d'ahora p'alantre, eu tamén vou falar menos".
"¿Verdá, Juan, que vou falar menos?".
"Verdá, nía, verdá"
Clara y Juan fixéronse veyos y Clara seguía falando muito.
Juan, sentado nel escano da cocía, mentras comía el caldo, oíala falar y falar y nun calaba nin un bocadín hasta que se deitaba y pechaba os oyos.
Pro un día, Clara pechóu os oyos por última vez y condo despertóu encontróuse con San Pedro nas portas del cielo.
Este oyando pra éla, botóu unha oyúada nel papel que tía na mao, levantó a carabiya da porta y dixo:
"Hale, Clara del Carabiyón, pasa pa dentro, que tarás ben contenta, pos éi vas ter con quén falar pos hai muita xente".
"Dende lougo iréi pa dentro", díxoye Clara a San Pedro, "porque si me quedo acó, váisvos aburrir muito, y si me mandas con o demo méteme un tizón na boca pra que cale".
"¿Verdá, San Pedro,?". "¿Verdá que sí?".
"Verdá, nía, verdá" contestóuye San Pedro pechando a porta.
Na casa de Clara y de Juan tían un can de payéiro que se chamaba "Venancio" y este nun tía miga de sorte con as canzas. Cortexaba unha canza que se chamaba "Adelina", pro ésta tía malas pulgas y condo "Venancio" iba olir alí unde todos os cais van olir nun ye deixaba y dábaye un trabón nel focico.
A "Venancio" gustábaye oír falar a Clara y oíala con os oyos pechados, as oreyas baxadas y acurrucado na lareira dende por a mañá hasta a noitía, condo un pouco alouriado por el ruido, salía dar unha volta pra ver a "Adelina" y ladraryes as estrelas.
El día que Venancio morreo foi ver a San Pedro y éste díxoye abríndoye a porta del cielo:
"Hale, "Venancio", pasa, que téis a Clara falando dentro".
Venancio, oindo un ruxe ruxe desde a porta, falóuye a San Pedro con sornia:
"Y al cabo, San Pedro, nun sei si pase, pos xa sabes que eu son muy friorento y teño muitas frieras nas patas".
"Si acaso, ábreme esa outra porta da que sale el lume y as charamuzas".
Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.
Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:
Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo

