La Nueva España » Cartas de los lectores » Conversaciones nel consultorio. Lo moderno versus lo antiguo

Conversaciones nel consultorio. Lo moderno versus lo antiguo

20 de Febrero del 2025 - Fernando Vijande Fernández (Castropol)

Hoi tuven nel consultorio de Castropol pos manquéime núa mao con a gadaña y mentras esperaba tuven escuitando lo que falaban os que taban alí y cóntovos que nun ye sobra miga lo que dicían.

Chegóu unha muyer solteira das Campas bastante veya, máis veya qu'eu, y preguntóuye a ún dos que taban alí sentados: "¿Qué tal os nenos?". Os nenos son os fiyos. "Ben, nía, ben, tán ben". "Y a fiya, ¿casóuse?". "Casóuse, nía, xa teño dous netos". "Y ¿qué tal el xenro?". "Mui ben, nía, tuvo muita sorte a mía fiya, é mui bon home, é mui trabayador y tenla a ela nun altar, nun ye deixa feir miga, ocúpase dos dous nenos y case sempre fáiyes tamén de comer, nun ch' é nada antiguo'l meu xenro, mamóulo dende pequenín na súa casa, pos morréuye a mai de neno y tía que feirlo él todo. Touche mui contento con él, y a mía fiya muito máis, y nun che digo a mía muyer, que dice que nun hai home meyor qu'él en tod'a contornada".

"Pos qué ben, tarás contento... Y el fiyo, ¿únde ta?". "Non, el fiyo nun se casóu, trabaya nel astillero das Figueiras y vive nun piso en Ribadeo coa moza". "Coime", dixo a veya, "entoncias el tou fiyo é moderno". "Y ¿qué tal cua que vai ser a túa nora?". "Pos que ques que che diga, nía, ela nun fai nada, ta todo'l día pintando nas uñas feindo eso qu'hoi ye chaman a manicura, y el meu fiyo é'l que fai de todo, nun tuvo miga de sorte'l meu fiyo, él limpia, lava, pon a lavadora y fai tamén de comer porque, si non, nun come máis que pizza conxelada, pro que ques, metéuseye esa nena na cabeza y nun hai quen ya saque y nun ye podes dicir miga, si non enfurrúñase". "Hai que ver cómo son as muyeres d'agora", dixo a veya. "Antias cocinaban y limpiaban elas y agora nun fain miga, ademáis agora muitas viven en pecado. Vaise acabar el mundo".

Bueno, seguiron falando, pro eu tuven qu'entrar na consulta, aunque dábanme ganas de deixar pasar a vez y seguir escuitando lo que dicían como fía aquela muyer qu'esperaba l'autobús condo Forrest Gump ye contaba a súa vida.

Así todo, penso eu qué fatos fomos nosoutros, qu'había que casarse pra vivir coa moza o'l mozo. ¡Déldamo a nosa decencia! Eu xa nun sei si antias era pecado y agora non, ou si quitaron os pecados lo mesmo que quitaron el Limbo de los Justos. Teño un cacao na cabeza, debe de ser de tanta cascariya que comín de pequeno. Teño que preguntaryo al Papa, pro nun sei si mo dirá, pos ta mui malín y ta máis aló qu'acó. Voume ir d'este mundo sin sabelo.

A palabra moderno pra xente d'antias quer dicir qu'é unha cousa qu'hoi ta de moda pro cada certo tempo lo moderno quédase antiguo, y así pasóu con todo y as modas van y vein como si foran unha cometa.

Eu de novo tía unhos calzóis de campá qu'eran igual qu'unha aspiradora sin cable y agora fain unhos qu'a mín cóstame un montón espilos, pos son tan estreitos d'abaxo que teño que feir equilibrio pra nun cayer. Tou esperando que veña a moda outra vez dos de campá.

Acórdome tamén que meu pai tía unha pucha redondía daquelas que solo se quitaban pra dormir ou condo entrabas na capiya pra oír misa; tamen valían pra ir pedir por as casas y a mín prestábame condo eu ya roubaba y poñíala na mía cabeza, y tou esperando que volva a moda de tapar as cabezas pos xa teño'l pelo ralo y a testa enfríaseme muito; vou ter que feir un trasplante ou botar unha pizca d'herbas d'abrótano macho.

Vaise acabar el mundo, como dicia a nosa amiga das Campas.

Cartas

Número de cartas: 49025

Número de cartas en Diciembre: 149

Tribunas

Número de tribunas: 2177

Número de tribunas en Diciembre: 5

Condiciones
Enviar carta por internet

Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.

» Formulario de envío.

Enviar carta por correo convencional

Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:

Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo
Buscador