Úa Xunta que non escuita
Abro as páxinas del periódico e tópome cun titular: «La Junta se da dos dias para escuchar a 47 implicados en la oficialidad del asturiano», e aínda que nel titular non se mencione, leo nel corpo da noticia que tamén se vai discutir sobre a oficialidá del “eonaviego” (como discurriron a pasada lexislatura en chamar al galego que se fala nos concellos máis occidentales de Asturias). De primeiras un queda un pouco sorprendido, pois as posiciois dos distintos parlamentarios asturianos están ben definidas, máxime coel novo pacto entre Foro e el PP, nel que el voto de Pumares queda claramente definido del lado dos contrarios á oficialidá. Non creo que as 47 declaraciois valian pra cambiar el sentido del voto de ningún dos deputados da Xunta, nun tema incomprensiblemente enrocado. Pero os debates políticos son así, e ás veces é preciso telos aínda condo sabemos que xa está todo el peixe vendido. Os chamamentos aos “47 implicados” fainlos os distintos grupos parlamentarios, e cada grupo saberá cuálos son os sous criterios. Nel caso del chamado “eonaviego” é chamadeiro que naide pensara en contar coa voz de Axuntar, úa asociación que ven traballando polo galego de Asturias, con múltiples actividades culturales, con múltiples apariciois na prensa escrita e audiovisual asturiana, con múltiples interlocuciois con alcaldes del Eo-Navia, con deputados autonómicos na Xunta, con candidatos al Senado por Asturias ou mesmo coa presidenta del Congreso dos Deputados. Axuntar é úa asociación que xa vai pola terceira convocatoria dos Premios Folgueira, que xa presentou tres informes lingüísticos del Eo-Navia, que ten en marcha un programa de promoción da lectura, cursos de lingua galega ou que ten interposto un contencioso-administrativo contra el Goberno del Principado pol que consideramos que é incumprimento da lei nel uso del glotónimo “eonaviego”. Úa asociación, en definitiva, mui activa na defensa da lingua galega dos asturianos máis occidentales, e úa asociación que defende úa postura acorde coa maioritaria na Hispanística e a Romanística (ambas ramas da Filoloxía) e respaldada pola ciencia filolóxica (a filiación lingüística del que Dámaso Alonso chamou “galego-asturiano”, por seren falas fundamentalmente galegas, filolóxicamente falando).
Aínda que Axuntar fexo por reunirse cos grupos parlamentarios democráticos da Xunta Xeral, e aínda que foi recibido por dous destos grupos (Podemos e el PP), topamos que a voz dúa sensibilidá importante del Eo-Navia e dúa asociación mui activa non parece importar a ningún dos deputados asturianos, nen sequera a aquelos que dicen defender a pluralidá e a oficialidá. Sen perxuicio a que haxa outras voces distintas á nosa, que las hai, entendemos que se un Parlamento que quer abrir un debate plural nel que os implicados debatan un tema de interés público, non ten ningúa razón de ser obviar úa sensibilidá mui presente e úa das poucas voces que se alzan nel Eo-Navia. Entre 47 implicados, podería contarse al menos con máis dúa voz del Eo-Navia, non sendo que pral Parlamento asturiano el que pódamos dicir al oeste del Frexulfe non teña máis valor que úa coletilla final «e lo mesmo pral eonaviego», que non se traduce en ningúa política lingüistica real, non sendo a política del menosprecio e a discriminación. A política, nada democrática, da anulación.
Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.
Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:
Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo

