El sueldo de Gervasio
Gervasio de Loutón trabayaba na carretera de caminero de Obras Públicas. Nel meu pueblo, en Vilavedeye, tíamos dous camineros, ún era Gervasio y el outro Manuel d'Amparo.
Gervasio, todos os días por a mañá, coyía a mobilette y, según únde ye tocase, alí iba, coa batedeira y unha pala enriba das costas, a trabayar nas cunetas y nas xanzas da carretera dend'A Veiga a Castropol (as cunetas y as veiras naquel tempo eran de terra y tían que tar alisadas hasta chegar al asfalto).
Gervasio, todos os meses, el día treinta y ún, cobraba el sueldo, metíalo nel bolsín por dentro da chaqueta y abrochaba el botón.
¿Xa cobrache?, preguntábaye a sua muyer namás lo ouguía chegar.
Sí nía, ei teis, ven todo, solo coyín tres pesetas pra comprar un paquete de Ideales.
Déldamo el tou tabaco, xa podías fumar carvés en vez del tabaco, pos esos hailos de baldre nas cunetas.
Sí nía, ¿qué qués que pareza unha barrueira?, ademáis danme unha tose y unha carraspeira que nun acougo na cama condo desperto.
Pos nun sei cómo vamos fer, porque lo que cobrache nun nos chega pra nada.
Muyer, estirámolo. ¿Tú nun sabes sumar?
Sei, sei, y tamén multiplicar, pro hai outros que saben restar y dividir. Atende, espera que los conte outra vez, vou ver: un, dous, tres, cuatro, cinco, seis, cincuenta, sesenta, setenta y uhna, setenta y dúas, setenta y tres, setenta y cuatro, setenta y cinco, setenta y seis pesetas, máis tres pesetas del tou tabaco, nada, nun nos chega, seiscientas setenta y nove pesetas.
Y, ¿qu'é esto que che quitan del sueldo, nun sei qué del Pío Campo? Pos tú xa nun eres un neno pr'andar xogando por ei.
Monte Pío, muyer, Monte Pío, eso é pra si te quedas viuda, pra que teñas tú tamén un sueldo.
¿Y teño que trabayar eu nas cunetas?
Non, muyer, tú cobras el sueldo na casa sin fer miga.
¡Ai, eche un bon invento ese Pío Campo ou ese Monte Pío!, pro así todo mira de nun morrer eh, si ven un haiga ou unha decauve por a carretera, apártate que nun te piye, que de morto perdes muito.
Xa miro, nía, xa miro, nun quero deixarte viuda.
Pos vou decirche unha cousa, anque estire el sueldo, nun nos chega pra nada y, por si nos poñemos malos, temos que guardar todos os meses un pouco, pos os médicos d'A Veiga tanto Posada como Soto cobran mil pesetas por vir a casa, y a semana pasada, que se puxo malo el neno, que tía papeiras, veron velo y el petéiro de cuartos que tíamos xa nun lo temos, ademáis mandáronye deitarse unha semana porque si se ye pasaban pra baxo quedaba esterilizado.
Será estéril, muyer, pro el neno é forte y nun ye vai pasar miga d'esa cousa que dices.
Ademáis d'eso, temos que pagar a renta da casa y dos eiros y nun nos chega, y fíanos falta mercar un cocho nel mercado dos cochos d'A Veiga pra fer el caldo con algo de sustancia, pro nun nos chega, nun nos chega. ¡Nun sei cómo vamos fer! Nun nos queda máis que rezar pra que nun se nos entreperne unha enfermedá, que nun ganamos pra melecías.
Reza, muyer, reza, rézaye a Deus, qu'eu tamén m' acordo d'él condo dou coa batedeira nun pé, ademáis nun viche qu'el sou fiyo fixo el milagre de multiplicar "los panes y los peces", ese sí que sabía estirar el sueldo. Xa sabía latín daquela.
Como vedes, aquelas sí qu'eran muyeres, que cuidaban os nenos, el sogro, a sogra, al sou home condo la precisaba, trabayaban na casa, y fora da casa pra traer unha carga d'herba pras vacas, y levaban de conta todos os gastos, y elos (nun era el caso de Gervasio) gastaban lo que nun tían y presumían de saber máis qu'elas de todo.
De todos os xeitos, anque hoi temos de todo y a sanidade de baldre, tampouco nos chega el sueldo, nin estirándolo con un martelo na fragua.
¿Qué queredes que vos diga? Eu sigo escuitando dicir por ei a muita xente lo que dicía a muyer de Gervasio: Nun nos chega, nun nos chega.
Ei tedes a Gervasio fumando carvés y coa batedeira na mao según mo pintóu meu amigo Muriego y escuitando a muyer dicir: Nun nos chega, nun nos chega.
Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.
Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:
Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo

