Xuan el Perdedor

15 de Diciembre del 2025 - Fernando Vijande Fernández (Castropol)

Xuan foi dende sempre un perdedor. Nacéu el segundo detrás del sou ermao xemelo. Nada máis nacer, Xuan perdéu a opurtunidad de chorar. Salíu tan esmexurriado da barriga da súa mai, despós de tar toda unha noite esperando pra oyar a luz, que casi nun ye deu tempo de buligar un pouco pra que souperan os sous pais que tían ún máis na familia, (Dous col sou ermao).

Aos dous días de nacer, a mai perdéu el leite por unhas febres y, votaron mao d' unha cabra que fixo de mai pra os dous irmaos os primeiros seis meses.

Dixo el sou pai que tuveran muita sorte, pos si naceran en Roma hai muito tempo, lo mesmo atopaban unha loba que yes dera de mamar.

Condo Xuan fixo el ano, quedóu sin a súa mai y el sou ermao, qu' iba nas costas d' ela, xa que morreron afogados na ría del Eo al cruzar el canal pra ir a coyer as ameixolas.

Na escola Xuan taba todos os días perdido, íbanseye os oyos pra unha mosca que volaba ou pra un rato qu' atopaba nun furado, y as letras beilaban solas enrriba da mesa del pupitre. A mestra nun puido fer vida dél y salíu da escola con catorce anos, con poucas letras y con toda a súa vida por delantre.

Trabayóu como puido fendo casas de pedra y perdéo el empleo muitas veces porque nun ye pagaban y d'ese xeito nun se pode trabayar.

Al pouco de proclamarse a Segunda República nel ano 1936, alistóuse condo a Guerra Civil nel Batallón Bárcena de Grao y, sin disparar un solo tiro, pos tuvo de cociñeiro fendo el rancho, volvéo a perder, foi pañado preso y leváronlo pral campo d'Arnao das Figueiras con unha pena de tres anos y un día. Mentras tuvo en Arnao fíxose mozo d'unha muyer que ye escribía cartas y condo salíu foi vela y encontróula casada y con un pequenín da mao.

Volvéo trabayar Xuan muitos anos nuha pedreira arrincando pedra caliza pral caleiro La Sorpresa d' A Veiga y un día saltando un noiro rompéo unha perna, quedóu coxo pra sempre y nun ye quedóu miga de susidio.

Con el tempo tamén quedóu baldado del reuma, perdéo a cabeza y nun conocía a naide.

A morte atopóulo unha noite de venres deitado nel catre, levóulo con ela de unha sentada y, d'ese xeito, nun perdéo el Aldeano, como fía todos os sabados pola mañá, pra ir al mercado d' A Veiga.

Hai xente nesta vida que nace pra perder sempre.

Cartas

Número de cartas: 48975

Número de cartas en Diciembre: 98

Tribunas

Número de tribunas: 2174

Número de tribunas en Diciembre: 2

Condiciones
Enviar carta por internet

Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.

» Formulario de envío.

Enviar carta por correo convencional

Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:

Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo
Buscador