Os animalíos

18 de Diciembre del 2025 - Fernando Vijande Fernández (Castropol)

Hoi pola mañá pegáronseme as sábanas y condo despertéi lougo era el hora de xantar.

Dende qu'ún vai veyo dórmeste en calquer sitio y si tas ben calentín y ben abrigado muito mais.

Eu fago como os gatos qu'apigarzan al lao da cocía de leña ou enriba del sofá.

Xa poden os ratos andar espinicando por debaxo da mesa, que nun vai con elos, tán en folga de fame, nun los queren papar, y penso eu, entoncias:

-¿con quén vai?

-Contigo, vai contigo -dixo el meu gato oyando pra gata pra que ye axudara-. Os ratos nun é cousa nosa, ademáis nosoutros fomos al veterinario y quitóunos a carne pos súbenos el colesterol, asina que nun nos quedóu outra que fernos vexetarianos, anque a coliflor cocida chéiranos un pouco, pro si ye botas unhas gotías d' aceite y vinagre comémosla meyor. Tamén unha vez a semana podemos comer pescado branco y noces todos os días.

-Tamos apañados -dixen eu-, vou ter qu' aprender a tocar a flauta y lo mesmo qu' el Flautista de Hamelín levar os ratos pral Penedón, na ría del Eo, y afogalos a todos d' unha sentada.

Dende qu' apareceron tantos adelantos pra os animalíos xa nun sabemos que fer con elos. Poñémosyes a televisión pra que nun s'aburran, sacámoslos de paseo todos os días coa gabardina posta, falámosyes como si foran ún mais da familia, a veces durmen con nosoutros na cama y condo tán tristes levámoslos al psicólogo.

Hai un mes tuven fendo un viaxe del Inserso por Navarra y atopéime cun matrimonio que tía un galgo na casa, y este tía tanto medo que s'escondía y nun quería tar coa xente.

Despóis de muito tempo y consultas col veterinario sin que souperan lo que tía, atoparon unha muyer qu'era médium y aló foi a ver el galgo. Condo chegóu prendéo unha vela, pidio que calasen todos y metéose na testa del galgo. Pasado un cachín, díxoyes a toda a familia lo que ye dixera el galgo y lo que tían que fer. Parece ser qu'el home mirábalo mal y eso deprimíalo.

A partir d' ese momento el galgo foi feliz y toda a familia tamén.

... mui importante saber lo que pensan os animalíos de todos nosoutros. Condo nos ven correr pra ir al gimnasio o pra coyer el Alsa dicen elos: -Esta xente nun ta ben da cabeza, ten que daryes un infarto ou outra cousa, nosoutros corremos pra ladrarye al carteiro, pro despós deitámonos un bon cacho.

Condo eu subía a os Ozcos d'inverno as tres da mañá pra fer unha cesárea, quedaba el meu can deitado nel sofá y oyando pra mín medio dormido decíame él: -Haber nacido can. Tía toda a razón del mundo.

A verdá é qu'os animalíos quérennos muito, algúas das veces son meyores qu'as personas y nunca che van fer el mal adrede.

El mundo taría muito meyor si houbera máis animalíos que personas.

Cartas

Número de cartas: 49001

Número de cartas en Diciembre: 124

Tribunas

Número de tribunas: 2175

Número de tribunas en Diciembre: 3

Condiciones
Enviar carta por internet

Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.

» Formulario de envío.

Enviar carta por correo convencional

Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:

Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo
Buscador