Galego e Punto

8 de Julio del 2026 - Enrique González Álvarez (Astigarraga)

Sr. Director de LA NUEVA ESPAÑA:

Quero a través desta carta trasladar aos sous lectores úa nova que, pola súa relevancia cultural, merece ser destacada. A asociación Axuntar vén de asinar un convenio de colaboración coa asociación PuntoGal, a entidade que xestiona o dominio de Internet ".gal".

Este acordo non é un mero trámite administrativo; é un paso transcendente pra a nosa comunidade galegofalante en Asturias. Al integrarnos nesta dinámica, os falantes de galego nel noso territorio non solo obtein ferramentas técnicas, senón que se reconoce el noso dereto a participar, con voz propia e activa, nel ámbito da galegofonía global.

El galego, que é parte indisoluble del noso patrimonio, da historia da nosa zona del Eo-Navia e da realidade sociolingüística e cultural de Asturias, atopa agora úa nova ventá aberta al mundo. Gracias a esta alianza, el galego de Asturias escolle utilizar úa das ferramentas das que dispón gracias ás novas tecnoloxías e manifesta el sou enfouto en deixar de ser úa realidade periférica prra situarse nel centro da rede, confirmando que el noso idioma é úa ferramenta moderna, viva e de futuro.

Este acordo fai real úa das recomendaciois máis relevantes que el Consello de Europa fexo ás autoridades lingüísticas de España e al Principado de Asturias nel sou último e "VI Informe de seguimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e/ou Minoritarias", esto é a necesaria colaboración e cooperación con comunidades autónomas vecías unde tamén se fala galego.

A visibilidade que nos brinda él dominio ".gal" permítenos proxectar a nosa identidade (asturianos de fala galega) sen fronteiras. É úa satisfacción ver como esforzos de base como os de Axuntar logran alianzas que reforzan él noso orgullo de pertenza e dignifican a fala das nosas xentes. Unha excelente noticia pra a diversidade cultural de Asturias e úa chamada de atención ás nosas autoridades políticas que prefiren fer paripés dando reviravoltas pra incumprir un tratado del que el Estado español é parte que traballar con rigor na tutela del noso galego.

Cartas

Número de cartas: 50320

Número de cartas en Julio: 129

Tribunas

Número de tribunas: 2207

Número de tribunas en Julio: 2

Condiciones
Enviar carta por internet

Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.

» Formulario de envío.

Enviar carta por correo convencional

Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:

Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo
Buscador