La Nueva España » Cartas de los lectores » Réquiem por Méndez Ferrín dende a Asturias de idioma galego

Réquiem por Méndez Ferrín dende a Asturias de idioma galego

24 de Noviembre del 2026 - Enrique González Álvarez (Astigarraga)

El 29 de xeneiro de 1989 celebrouse en Santiso de Abres a primeira Asemblea Xeral de Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA) na que se acordou, entre outras cousas, reclamar das autoridades asturianas a incorporación del galego como asignatura obrigatoria desde a primeira etapa de escolarización.

Ese día os máis de 200 participantes tuveron acompañados por destacados escritores en lingua galega: Uxío Novoneyra, Victor F. Freixanes- naquela Director de Xerais-, os poetas Manuel María, Loís Diéguez, Paco Martín -Premio Nacional de Literatura Infantil- e Xosé Luís Méndez Ferrín, el máximo renovador da literatura contemporánea en galego, autor de Pólvora e magnolias e importante referente intelectual da modernización política de Galicia.

Este último literato, Méndez Ferrin, foi el artífice al acabo del mesmo ano del I Congreso da Lingua e a Cultura galegas en Asturias, León e Zamora celebrado en Celanova no tempo de nadal de 1989 financiado polo Clube Cultural Adiante -que entonces presidía Ferrín-, el apoio da organización sindical CXTG-IN e del patronato Curros Henriquez e coa axuda da Dirección Xeral de Política Lingüística e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Neste Congreso firmouse el Manifesto das Comunidades de Lingua e Cultura Galegas de Asturias, León e Zamora.

Méndez Ferrín, tamén participou como ponente nas I Xornadas da Lingua e da Cultura Galega de Asturias; na busca das raíces da Terra Navia-Eo. Homenaxe a Dámaso Alonso, que el 15 e 16 de decembro de 1990 foron organizadas en Grandas de Salime pola MDGA.

Méndez Ferrín, núa Grandas aterecida por úa enorme nevarada, prendeu un lume de abeiro a cultura na súa ponencia sobre a importancia del bibliófilo e activista cultural de raíces castropolenses, Fermín Luís Penzol-Labandera. El escritor ourensán explicou que el que fora cofundador da Editorial Galaxia siguía sendo un referente na defensa del idioma gracías á Fundación que leva el sou nome. Esa fundación ten como úa das súas enconendas cuidar el tesoiro bibliófilo entregado por Penzol á Editorial Galaxia e que florece como biblioteca aberta ao público, xotas verdes e flores que Méndez Ferrín mandounos erguer como estandartes: - Na soedade dos Oscos, no verdor indeleble das ribeiras do Eo, agrupémonos en Fermín Penzol con aqueles teimosos, labregos e mariñeiros, que mantiveron un cachote de patria sen desmaio. Saudemos en Fermín Penzol o fillo da Galícia irredenta- se as hai xa redimidas- e ergamos ramos, puños, cualquera cousa de ledo e popular polos seus libros situados ao servicio de todos. Do futuro-.

Hai que decir que a segunda edición destas Xornadas celebrouse el 12 de decembro de 2025 nell salón de actos do Departamento de Filoloxía Española da Universidade de Oviedo, promovidas pola Asociación Axuntar, coa colaboración da Universidade de Oviedo e coordinadas por os Doutores Natalia Jardón Pérez e Ramiro Xabier Barcia López.

Desgraciadamente onte fóisenos Ferrín, un loitador da estirpe dos que nunca se rinden e nunca foron vencidos e, dalgún xeito, quedamos orfos todos os que amamos el idioma galego, tamén el galego en Asturias, e soñamos un mundo nel que os dereitos lingüísticos señan respectados.

Dende Axuntar, colectivo asturiano de normalización del galego de Asturias del que formo parte como membro da Xunta Directiva, sentímos un pesar enorme polo falecemento, onte 19 de novembre, de Xosé Luís Méndez Ferrín, e despedimos con tristeza a un gran loitador polo galego das nosas ribeiras e valles. De feito regalounos un artigo de opinión Falar entre Eo e Navia, publicado na nosa web el 15 de outubro de 2024 onde nos conta como el mesmo descubriu en 1957 un dicionario (Os autores eran Acevedo Huelves e Fernández Fernández) que lo atraeu como o imán atrae as limaduras de ferro, e que recollía léxico dese galego irredento.

Que en paz descanses, amigo, escritor, político e filólogo Xosé Luís Méndez Ferrín. Seguiremos el camín del futuro sen esqueicer ningúa das primaveras nas que, non solo as xentes de clases asóballadas, senón tamén centos de poetas condenados al desterro, peteiros de escritores e intelectuais invencibles, firmes, tenaces e resistentes preservaron el galego que nos transmitiron os nosos antepasados.

Sempre serás luz arraiana, aura e ronsel de futuro, ese porvir que se esconde detrás dúa porta verde esperanza.

D. E. P.

Cartas

Número de cartas: 51341

Número de cartas en Noviembre: 237

Tribunas

Número de tribunas: 2220

Número de tribunas en Noviembre: 5

Condiciones
Enviar carta por internet

Debe rellenar todos los datos obligatorios solicitados en el formulario. Las cartas deberán tener una extensión equivalente a un folio a doble espacio y podrán ser publicadas tanto en la edición impresa como en la digital.

» Formulario de envío.

Enviar carta por correo convencional

Las cartas a esta sección deberán remitirse mecanografiadas, con una extensión aconsejada de un folio a doble espacio y acompañadas de nombre y apellidos, dirección, fotocopia del DNI y número de teléfono de la persona o personas que la firman a la siguiente dirección:

Calvo Sotelo, 7, 33007 Oviedo
Buscador